A Policia Autonómica vela polo control de bebidas alcohólicas en menores

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 11 ao 17 de marzo en 8 concellos galegos un total de 120 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 37 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, Lalín, Lugo, Outes, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 37 persoas e inspeccionadas 120 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 5 actas de infracción: 4 por consumo de alcohol e 1 por consumo de tabaco, de acordo coa Lei 4/2015

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar