Unha muller caeu por un barranco cando camiñaba por unha cala en Nigrán

 

Os servizos de emerxencias rescataron esta mañá a unha muller que caeu por un desnivel duns tres metros de profundidade cando camiñaba por unha cala.

Unha vez estabilizada, a ferida foi evacuada ao Hospital de Povisa para ser atendida das lesións provocadas polo golpe.

En todo momento, o persoal do 112 Galicia mantivo comunicación coa ferida que indica que apenas se podía mover debido a un forte golpe que recibiu na cabeza. Igualmente, sinalou que se precipitou por un desnivel nunha cala de Monte Lourido, á que chegou despois de percorrer ao menos un quilómetro do Paseo de Praia América. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos membros do GES do Val Miñor co fin de traballar xunto aos profesionais sanitarios no rescate e atención á ferida.

Mediante unha padiola especial, conseguiron sacar á muller do barranco e evacuala en ambulancia ata o Hospital Povisa de Vigo.

Para este operativo, os servizos de emerxencias contaron tamén coa apoio dos axentes da Policía Local.

 

CAIDA DUN CABALO EN XINZO DE LIMIA

 

Ademais, outra persoa tivo que ser atendida en Xinzo de Limia despois de caer dun cabalo cando participaba nun desfile de entroido. Ocorreu pasado o mediodía de hoxe, cando varias persoas contactaron co 112 Galicia pedir asistencia médica urxente para a persoa que non respondía tras a caída. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que trasladaron ao ferido primeiro ao Centro de Saúde da localidade para despois ingresar no Hospital de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar