Teatro Colón: “El último que apague la luz”

 

O sábado 16 de marzo ás 20.30 h o Teatro Colón acollerá a obra de teatro”El último que apague la luz”, unha comedia para todos os públicos, onde a erso espectadorea se sentirá refelctida. En diversas situacións, e en momentos colectivos, intégrase como parte da obra.

 

Móstranse diferentes maneiras de atraer o outro sexo. Como ligaría un home tímido? E un intelectual? Etc.

Expóñense os celos na parella e como o ser encantador en exceso pode acabar en divorcio.

Un matrimonio ancián que descobre a infidelidade da súa parella, aos oitenta anos.

Veremos a reacción duns novos pais co seu primeiro fillo na casa. Fórmulas para vencer a monotonía na parella e unha mostra de cando mulleres e homes finximos o que non somos para namorarmos a quen desexamos. A imaxinación do público vai creando distintos personaxes: “un boneco vestido de bombeiro”, “un neno”, “un xornal”, “un biberón“, “un camareiro” etc.

A medida que a obra transcorre, a imaxinación do/a espectador/a vaise desbordando en risas continuas e fai  que participe do espectáculo a través do humor e que as e os  intérpretes nos trasladen a outras épocas, explicando os trucos que utilizaban os nosos grandes actores para recibiren o aplauso do público.

Para iso utilizaban o “ Clac”? (espectadores que pagaban só a metade da entrada,

E, a cambio, tiñan que lles aplaudir aos actores nas distintas fases da obra.)

Como eran os apartes no teatro clásico?

No transcurso da  obra, escenifícase como os espectadores desconformes pateaban os actores como se facía antigamente, que consistía en golpear cos pés no chan.

Nun divertimento cheo de risas a través do humor, que nos vai  mostrando a cultura popular, coa máis prestixiosa actriz cómica: Emma  Ozores. Premio Nacional á Mellor Obra de Humor, do 2010, na súa reposición actual en tributo ao autor Antonio  Ozores. ​

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar