O 061 de Galicia asistiu a 41 persoas por 34 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 41 persoas debido a 34 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 8 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 10 de marzo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 19 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 38 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 34 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 41 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 72,5 % e do 27,5 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30 % dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes

A Coruña

9
Lugo
3
Ourense
2
Pontevedra
20
Galicia
34

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 43. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 33 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 35 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar