Domingo Villar presenta “O último barco”

O vindeiro xoves, ás 19:30h, Cronopios acollerá o lanzamento da terceira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, unha das entregas literarias máis agardadas da última década.

A libraría Cronopios, unha das máis activas da cidade, xoves acollerá este  ás 19:30h a presentación en Compostela de O último barco a nova entrega de novela negra protagonizada polo inspector Leo Caldas. Acompañando ao autor estará Carlos Lemas, director de edicións da Editorial Galaxia.

O último barco, que chegaba ás librarías o pasado mércores 6 de marzo de maneira simultánea en galego e español, é un dos libros máis agardados da última década despois do grandísimo éxito de Ollos de auga (2006) —máis de 40.000 exemplares vendidos en galego— e A praia dos afogados (2009).

Agradeceríamos a vosa asistencia ao acto e a súa difusión. Se necesitades máis información ou queredes concertar unha entrevista co autor non dubidedes en contactar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar