A Deputación de Ourense impulsa a iluminación dos paseos

A Deputación de Ourense fai posible a mellora da iluminación e da eficiencia enerxética dos paseos turísticos e termais de Ourense, en concreto do paseo de Outariz e do paseo da Chavasqueira. Estas actuacións son froito da colaboración permanente que existe entre “a institución provincial e o Concello de Ourense que, unha vez máis, permite levar a cabo proxectos que melloren a calidade dos servizos que prestamos aos nosos veciños e aos turistas que visiten a nosa cidade”, explicou o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, na visita que realizou a esta zona, acompañado polo concelleiro de Termalismo e Turismo de Ourense, Jorge Pumar.

Estas obras supuxeron un investimento de 48.000 euros, sufragados integramente pola Deputación de Ourense, que permite “mellorar un dos atractivos turísticos máis importantes da nosa provincia e que supoñen un novo pulo para o desenvolvemento termal de Ourense”, salientou Pablo Pérez, quen incidiu na importancia da “cooperación” entre administracións para levar a cabo proxectos desta índole.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar