O Concello de Mondoñedo dá a coñecer a raíña e as damas do Entroido mindoniense

O Concello dá a coñecer a raíña e as damas do Entroido mindoniense, que se celebrará o sábado 9 de marzo.  Achéganse fotos. A raíña é Sara Fernández Coldeira, e as dúas damas son Ainara Bello García (esquerda) e Yaiza Fernández Nogueira.  O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíñas do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso. Finalizará na Praza da Catedral.
Durante o tradicional desfile de Entroido, organizado polo Concello e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM) repartiranse 5.000 euros en premios; con seis galardoados na categoría de comparsas e charangas e once premiados na de grupos tanto de adultos como infantís; ademais haberá seis galardóns para as parellas de adultos e infantís e outros seis en individuais.
Os interesados teñen de prazo ata o venres para anotarse tanto a través do correo electrónico entroidomindoniense@gmail.com como no portelo da Casa do Concello (primeiro andar). Pódese obter máis información a través do teléfono 619 879 499. As bases están na páxina web do Concello.
As bases do Entroido mindoniense establecen a posibilidade de participar en función da idade, nas categorías infantil ou adultos. Considérase infantil a integrada por participantes menores de 12 anos. Os adultos poderán anotarse nas seguintes categorías: comparsas e charangas; grupos de 3 a 10 membros; grupos de máis de dez membros;  parellas e individuais. Os infantís participarán nas categorías de grupos (máis da metade dos seu compoñentes deben ser menores de doce anos), parellas ou individuais.
A programación tamén inclúe a partir das 20:00 horas actuacións musicais na praza do Concello da man de formacións mindonienses como son a orquestra Principal e o Grupo Xuventude.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar