O consumo de drogas adictivas coincidirá coas festas do Entroido

 

O Concello de Ourense, ao igual que ouros de Galicia, volverá alertar á xuventude sobre os riscos que leva o consumo substancias adictivas. Coincidindo coas festas do Entroido, un grupo de expertos en prevención visitarán os puntos onde se concentra a mocidade para informarlles sobre o perigo das drogas e para realizar diversas actividades de concienciación.  Os encontros terán lugar os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo, entre as 20.00 e as 01:00 horas.

Esta actividade forma parte do programa “A que xogas? Coñece as normas, ti decides”, do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Xunta e que conta coa implicación e colaboración de diversas áreas do Concello que traballan dun xeito transversal a prol da mocidade.

No pasado mes de novembro, con motivo das festas dos magostos, os técnicos deste programa percorreron a zona dos Viños e os seus arredores informando sobre as drogas máis comúns e sobre os perigos do consumo masivo de alcol.

“Repetimos esta experiencia tras o éxito acadado nos magostos, porque todos os esforzos son importantes á hora de alertar a nosa mocidade sobre o perigo que supón consumir substancias adictivas”, explica o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O rexedor destaca que “se trata dunha iniciativa pioneira, na son os propios xóvenes os que ofrecen a outros a información que precisan, dun xeito sinxelo e efectivo, a través dunha relación de ti a ti”.

Pola súa banda, a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, destacou que dada a boa acollida da actividade desenvolvida en novembro “nesta ocasión apostamos por achegarnos a máis puntos da cidade. Naquela ocasión os técnicos movéronse cunha furgoneta, agora apostamos porque o fagan a pé para chegar a todas as zonas nas que se concentra o seu público obxectivo”.

Esta actividade, que será desenvolvida pola empresa Marexada é unha iniciativa da Consellería de Sanidade na que participan dun xeito transversal diversas áreas do Concello de Ourense (Asuntos Socias, Sanidade, Igualdade, Xuventude e Voluntariado).

Información sobre outras temáticas

Os xóvenes da cidade recibirán información sobre os riscos do consumo de sustancias estupefacientes, pero tamén sobre outros temas que lles poden preocupar como as enfermedades de transmisión sexual. Os técnicos son persoas con idades que rondan a veintena, o que facilita o seu contacto cos beneficiarios da proposta.

Os formadores empregarán diversas ferramentas para achegar a súa mensaxe aos menores de idade, como códigos QR ou vídeos nos que se ven as consecuencias de consumir drogas.

Entre os obxectivos do programa A que xogas?, desenvolvido polo Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Consellería de Sanidade da Dirección Xeral de Saúde Pública, destacan o de proporcionarlle información veraz, obxectiva e adaptada á mocidade sobre as substancias adictivas; aumentar a percepción do risco no consumo de tabaco, alcol, cannabis, cocaína e outras substancias adictivas nos contextos de lecer; recabar información a través das enquisas e crear un ambiente de participación activa a través de valores positivos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar