Concello de Ourense:MIguel Prado López, conselleiro de Transporte

 

Miguel Prado López (Ourense, 1977) tomou posesión este venres como concelleiro de Transporte e Mobilidade, Sistemas de Información e Transparencia do Concello de Ourense. Así o fixo durante a celebración do pleno ordinario do mes de marzo á proposta da alcaldía, que acordou as súas competencias ao fronte destas áreas municipais.

Como novo concelleiro de Mobilidade Prado López terá entre as súas atribucións a  concesión de licenzas de taxi, a súa transmisión e revogación; cambios de vehículo, concesión de permisos de condutor e a incoación e resolución de expedientes en materia de transporte público de viaxeiros.

Tras a súa toma de posesión diante do Pleno da Corporación tamén pasa a ser membro da Xunta de Goberno Local.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar