Ana Pontón, na TVG:«Galicia precisa forzas políticas sen ataduras»

Ana Pontón, voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, foi entrevistada esta mañá no ‘Bos días’ da Televisión de Galicia, onde fixo un balance das aspiracións da súa formación de cara ás vindeiras eleccións. Pontón salientou que os comicios xerais do 28-A “son unha oportunidade para que os galegos recuperemos a nosa voz propia”.

Grabación completa da entrevista, AQUÍ

Durante a entrevista incidiu en que “os partidos de ámbito xeral pasan olimpicamente de Galicia” e sinalou que cando o BNG estaba representado no Congreso dos Deputados Galicia tiña peso, agora non. De feito, sinalou que a alianza do PSOE con Unidos Podemos, en confluencia con En Marea, trouxo aínda máis discriminación para Galicia e que “dous ou tres deputados do BNG valen máis para Galicia que 23 ao servizo de Sánchez, Casado ou Iglesias”.

Ao preguntarlle pola posible confluencia das forzas nacionalistas para as eleccións xerais, afirmou: “Temos as portas abertas a todas ás forzas que defendan os intereses de Galicia”. Neste senso, ante a proposta de confluencia realizada polo secretario xeral de Compromiso por Galicia nunha entrevista na TVG, afirmou que as valoracións realizaraas a dirección política do partido e manifestou que “as ofertas de diálogo non se fan nun medio de comunicación”.

Na entrevista, á voceira nacional de BNG afirmou que Galiza precisa ter forzas políticas propias sen ataduras que defendan os nosos intereses”. Pontón fixo fincapé na necesidade dunha tarifa eléctrica galega e de rematar coa estafa das peaxes, e destacou que “Galicia ten as segundas pensións máis baixas do Estado. Arredor dor orzamentos, sinalou que supoñían unha discriminación para Galicia, os peores nos últimos 10 anos”.

Con respecto dos obxectivos para as eleccións, a deputada no Parlamento de Galicia manifestou o seu optimismo, dicindo que o 28 de abril temos unha oportunidade de recuperar a voz para Galicia. Con respecto ás eleccións municipais e europeas do 26 de maio, valorou: “Presentámonos con convicción e firmeza dun proxecto útil, somos un exemplo de capacidade de transformación e penso que imos mellorar resultados”.

Pontón afirmou que, segundo unha enquisa, a maioría dos galegos están a favor dunha solución dialogada do conflito catalán, “que é o que nós defendemos”. Así mesmo, afirmou que aos galegos non lles preocupa a coalición con EH Bildu e Esquerra Republicana para as eleccións europeas, “preocuparíalles máis que o BNG fose en alianza cun partido condenado por corrupción como o Partido Popular. Así mesmo, indicou: “Non sei cal é o problema con estes partidos, son grupos democráticos con valores republicanos e a favor do dereito a decidir dos pobos”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar