Evacuado un edificio de Ponteareas por un escape de gas

Os servizos de emerxencias desaloxaron esta noite un edificio de catro andares a causa dunha fuga de gas, no número 3 da Rúa das Lavandeiras.

O suceso rexistrouse no 112 Galicia pasadas ás 20:00 horas de onte tras a chamada de alerta dun veciño que percibía un cheiro a gas, pero descoñecía a procedencia. Así mesmo, indicaba no seu relato que dúas persoas atopábanse con molestias. De inmediato, os xestores do Centro integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vigo e ao GES-SPEIS de Ponteares. Tamén, puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local, dos voluntarios de Protección Civil da localidade e técnicos da empresa suministradora do gas.

Así, tras o desaloxo preventivo das vivendas, os servizos de emerxencias realizaron as comprobacións oportunas para localizar a fuga. Segundo puido confirmarse mediante as medicións practicadas polos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento que resultaron negativas, os veciños puideron voltar ás súas vivendas.

Ademais, por precaución, foron trasladadas as dúas persoas con molestias ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

 

OUTRO ESCAPE DE GAS

A rotura dunha tubaxe provocou unha fuga de gas esta mañá en Santa Clara, en Pontevedra, concretamente na rúa Padre Gaite.

Todo comezou preto das 12:00 horas desta maña cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia informando dun forte cheiro a gas. Nese momento, dende o CIAE 112 Galicia informouse decontado aos Bombeiros de Pontevedra, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade. Do memos xeito, informouse a 061-Urxencias Sanitarias, a Policía Nacional e persoal técnico da empresa suministradora.

Tras a chegada dos servizos de emerxencia, confirmouse a rotura dunha tubaxe de gas por mor dunha obra que se esta a realizar na rúa, asimesmo, indicouse que ningunha persoa resultara afectada.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar