Tres ocupantes dun turismo resultan feridos ao esquivar un xabaril en Tui

Tres ocupantes dun turismo resultaron feridos ao tratar de esquivar un xabaril que interceptou na vía en Tui.

A irrupción do animal obrigou ao condutor a realizar unha manobra inesperada, o que provocou que o vehículo se saíse da vía e batese contra unha árbore. Así, como consecuencia do impacto, tres dos cinco ocupantes do vehículo sufriron diversas lesións das que tiveron que ser atendidos no centro médico de referencia.

Todo sucedeu preto das dúas da tarde cando un dos implicados no sinistro contactou co 112 Galicia para dar conta do suceso. No seu relato, sinalou que se atopaban nunha estrada de monte entre Areas e Malvas, no termo municipal de Tui. Tamén aclarou que os cinco ocupantes estaban fóra do coche, pero que tres deles necesitaban asistencia sanitaria.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil.

Un ferido nun accidente de autobús

 

Por outra banda, o 112 Galicia rexistrou esta tarde unha colisión cun turismo e un autobús de pasaxeiros implicados, na que resultou ferida unha persoa. O coche produciuse ás 16:30 horas na PO-546, ao paso por Lourizán, en Pontevedra.

Para a atención do único feridos, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos servizos sanitarios de urxencia e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Igualmente, foi necesaria a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar