Ourense:O Concello xestiona unha bonificación do 10% na recollida do lixo

 

Os recibos da taxa de recollida de lixo en Ourense veranse reducidos nun 10%, tal e como está dispoñendo o Goberno Municipal. Así, o  Concello de Ourense vén de solicitarlle á Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) que estableza unha bonificación do 10% no canon unitario para o presente exercicio.

No escrito no que consta a solicitude, asinado pola concelleira delegada de Limpeza viaria e xestión de residuos, Ana Fdez. Morenza, establece que “o Concello de Ourense comprométese a adoptar as medidas para poder trasladar o importe equivalente ao da devandita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo”. Ademáis, o Concello de Ourense comprométese a procurar unha redución de residuos mediante o mantemento ou a aprobación de novas medidas que fomenten a recollida selectiva, orientadas á prevención e redución da produción de lixo convencional ou ao fomento da reciclaxe dos envases lixeiros.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, recalca que “traballamos para acadar melloras que repercutan de xeito directo na calidade de vida e no peto dos ourensáns, e por iso a bonificación no canon unitario será repercutida directamente nas persoas beneficiarias. Sempre dixemos que baixaríamos impostos e taxas e o que dicimos, cumprímolo”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar