O XIII Hectómetro literario do Paseo dos Soños

         Este sábado, no Paseo dos Soños de Vilalba vaise erixir o XIII Hectómetro Literario correspondente a Alfonso Blanco Torrado, crego e promotor cultural, que desde a súa chegada de Ponteceso a Guitiriz hai máis de corenta anos, revolucionou a cultura da Terra Chá, cando vida a incontables iniciativas entre as que destaca con luz propia o Festival de Pardiñas.

         Ás doce, na Casa da Cultura vilalbesa van intervir MERO, DAVID OTERO, RUBÉN ARAMBURU, ROBERTO SANTAMARINA (de Xermolos), XERARDO BLANCO (irmán de Alfonso), REGINA POLÍN (alcaldesa de Guitiriz) e AGUSTÍN BAAMONDE (Alcalde de Vilalba), o grupo CEIBES DE XERMOLOS, o gaiteiro RAUL GALEGO e o cantautor MIRO CASABELLA.

         De seguido, no Paseo dos Soños vilalbés, descubrirase o seu Hectómetro Literario, obra do escultor Valdi. Finalmente, todos os participantes se reunirán nun xantar na honra do homenaxeado no Restaurante A Casilla.

Tanto na Casa da Cultura como no Paseo dos Soños e no decurso do xantar, os/as poetas que publicaron traballos no libro “Poemas para Alfonso Blanco, Pregoeiro da Luz”, leerán os seus poemas. Este libro está publicado na Biblioteca Virtual de Galicia Digital, podendo accederse a través do ernlace: https://bibliotecavirtual.galiciadigital.com/content/poemas-para-alfonso-blanco-pregoeiro-da-luz

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar