O PP de Lugo convoca aos afiliados á manifestación de Madrid

. O Partido Popular da provincia de Lugo porá un autobús a disposición das persoas interesadas en acudir á manifestación que se levará a cabo este domingo 10 de febreiro en Madrid contra as políticas de Pedro Sánchez organizada polos populares.

O autobús partirá á unha da madrugada do domingo de fronte á sede provincial, na no número 14 da rúa Poeta Ramón Cabanillas. A hora de saída para o regreso está prevista para as catro da tarde dende a capital de España.

Aquelas persoas que o desexen poderán anotarse na sede provincial en horario de dez a dúas e de cinco a oito ou a través do teléfono 982 22 49 09. O prezo por persoa será de 10 euros e a inscrición por rigoroso orde de reserva.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar