Morre un traballador ao caerlle a póla dunha árbore en Brión

Un traballador perdeu a vida despois de caerlle unha póla dunha árbore enriba en Brión. Sucedeu na estrada que une Urdilde e Negreira, nas proximidades da igrexa de Luaña.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente laboral, ao fío das 10:55. Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que debido á gravidade da situación, mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e do GES de Brión.

A pesar dos esforzos por salvarlle a vida ao traballador, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento.

 

 

EVACUADA EN H ELICÓPTERO UNA MOZA FERIDA EN VILA DE CRUCES

Unha moza tivo que ser evacuada polo helicóptero medicalizado con base en Santiago debido aos diversos traumatismo sufridos a causa dun accidente en Vila de Cruces.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro rexistrouse ás 17:15 horas, cando a condutora saíuse da vía no lugar de Loño e bateu contra a cuneta. Aínda que puido saír do coche polos seus propios medios, necesitou asistencia médica e mesmo foi trasladada na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

Ademais do equipo médico, desde o 112 Galicia, avisouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén aos Bombeiros do Deza, que prestaron a súa colaboración malia a que a persoa estaba liberada e accesible.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar