Salón “Xantar”: O Ribeiro ilustrará a tipicidade da feira

 

 

A Denominación de Orixe Ribeiro, a través de 15 das súas adegas, participará un ano máis no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebrará do 6 ao 10 de febreiro no recinto feiral Expourense. O seu principal obxectivo é o de amosar a singularidade dos seus viños aos visitantes á feira, que o ano pasado alcanzaron os 24.000.

 

O túnel dos viños de Galicia contará cun total de 31 viños da D.O. Ribeiro, tendo así a maior representación das denominacións de orixe galegas. Este túnel consiste nun espazo reservado unicamente a profesionais do sector para que as adegas dean a coñecer as súas referencias a sumilleres, catadores, hostalería, distribuidores, viñotecas, prensa…

 

O presidente da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, fai referencia a esta participación comentando “no 20º aniversario deste Salón Internacional do Turismo Gastronómico, a D.O. Ribeiro non pode faltar, deixando patente a firme aposta por fomentar a cultura vitivinícola do Ribeiro, así como a de Ourense e Galicia aos miles de  visitantes.”

 

Adegas e viños participantes

  • Javier Estévez Abeledo (0 por Cento)
  • Adegas Celme (Celme de Pena Picada)
  • A Portela S.A.T (Beade Primacía, Señorío de Beade branco e tinto e Beade Orixes)
  • Pazo de Vieite (Farnadas e 1932 de Pazo de Vieite)
  • Bodegas Nairoa (Val de Nairoa e Alberte)
  • Bodegas Antonio Montero (Antonio Montero Autor)
  • Alborexar no Ribeiro (O Alborexar e O Alborexar 4.0)
  • Adega Dona Elisa S.L. (Canción de Elisa branco e tinto)
  • Bodegas y Viñedos Pazo de Casanova S.L. (Casanova, Finca Viñoa e Pazo Casanova)
  • Adegas de Pazo do Mar (Expresión de Pazo do Mar e Pazo do Mar branco)
  • Bodega Alanís (Gran Alanís)
  • Bodegas Cunqueiro (Máis de Cunqueiro Torrontés, Cunqueiro III Milenium e Cunqueiro Centenario branco e tinto)
  • Ramón do Casar (Ramón do Casar Treixadura)
  • Julia Mar Bande Pivida (Son de Arrieiro branco e tinto)
  • Bodega Cooperativa San Roque de Beade (Terra do Castelo Godello, Terra do Castelo Selección e Terra do Castelo Treixadura)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar