Pontevedra: Podemos traballa nun replantexamento da ordenanza de mobilidade urbana

Ante as recentes mobilizacións de colectivos ciclistas que piden solucionar as carencias e a falta de equidade na normativa de tráficos, a aparición de novos vehículos de mobilidade persoal que están sen regulación, ou a demanda urxente de autobús urbano, desde Podemos Pontevedra traballamos nun replantexamento da ordenanza de mobilidade urbana no municipio para a súa presentación pública á cidadanía.

Nese sentido estamos elaborando propostas programáticas onde a mobilidade é unha cuestión fundamental para contar cunha cidade máis amable coas persoas e co medio ambiente.

Concebimos unha nova norma con máis equidade no diseño dos trazados e a convivencia entre tráficos; máis sustentable; con espazos para todas as persoas, os distintos tráficos e idades; para a convivencia entre peóns, bicicletas, patinetes eléctricos, cadeiras de rodas, vehículos de reparto. E, sobre todo, a mobilidade tense que construir da man das enerxías limpas cun Plan de Mobilidade Urbana Sustentable.

As nosas propostas pasan, por exemplo, por un carril sanitario libre de lombos; carrís bici de sentido contrario e de continuidade para evitar o uso de beirarrúas; que as bicicletas poidan circular polas estradas con seguridade e sen contaminación; abrir de novo o debate sobre o autobús urbano; alternativas de transporte público engadidas como microbuses, recuperar o tranvía a Marín, bicicletas e ciclomotores públicos; triciclos adaptados para personas con discapacidade; un carril que dinamice a mobilidade en bicicleta en termos de seguridade para todas as idades (para poder acudir ao cole en bicicleta por exemplo); a instalación no municipio de puntos de recarga para vehículos eléctricos (coches, motocicletas, bicicletas), anel verde, e paseo ciclista e peoníl a Marín.

Por último, queremos demandar da Xunta de Galicia, a colaboración na construcción dunha auténtica área metropolitana de transporte público interconectada e potenciada cunha tarxeta cidadana. Servizo que favorecería a mobilidade, xeraría aforro individual, persoal e institucional e colaboraría na diminución da polución, o aumento do comercio de proximidade, o achegamento do rural ao centro da capital ou o traslado das persoas maiores aos servizos socio sanitarios e administrativos.

Todas estas propostas se matizarán e concretarán nun proxecto programático para Pontevedra que estamos a debatir e que será debatido cos inscritos e inscritas do Círculo Podemos Pontevedra para a sua posterior presentación pública.

 

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar