O grupo IES Valle Inclán de Pontevedra viaxa a Bélxica

O grupo de alumnos, alumnas e docentes do IES Valle Inclán de Pontevedra EEPE, é dicir, integrados no proxecto ‘Escola Embaixadora Junior do Parlamento Europeo’, viaxa a Bruxelas, en Bélxica, nunha iniciativa que forma parte precisamente deste proxecto no que se acerca a UE ao alumnado e que o equipo EEPE leva traballando dende 2016.

Nesta ocasión van cara á Rexión Flamenca 25 rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato de diferentes grupos do IES Valle Inclán da sección bilingüe de francés que o ano pasado participaron no EEPE. Estarán no país, entre o 6 e o 11 de febreiro (incluidos). As docentes acompañantes son a profesora de francés, Leonor Rodríguez Tato e a de Educación Física e coordinadora do proxecto no Centro, Ana Santos Solla.

A viaxe responde a unha invitación do europarlamentario Pepe Blanco, despois de que o equipo EEPE do IES Valle Inclán acadara o ‘Sello de Calidad Europeo eTwinning’ polo seu labor desenvolvido no plan, durante o curso pasado.

No informe onde explica os motivos da concesión desta distinción, a comisión europea eTwinning salientaba o “excelente traballo” realizado polo centro escolar no proxecto YES! que ademáis, subliña, “foi recoñecido ao máis alto nivel europeo”.

Ademáis do Parlamento Europeo, o alumnado visitará a Oficina de Galicia en Europa; o Consello Europeo; a Casa da Historia; e o Parlamentarium (aquí participarán nun xogo de rol).

Tamén visitarán o Bruxas e Gante e saudarán a diferentes eurodiputados e eurodiputadas que estiveron no IES Valle Inclán como parte das actividades do EEPE.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar