Santiago:A exposición “Imaxe e palabra”, de Aspnais, na Biblioteca Ánxel Casal

 

O un de febreiro, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, vai ser inaugurada oficialmente a exposición IMAXE E PALABRA, organizada por Aspnais (Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual) con motivo do Cincuentenario desta entidade.

Durante as celebracións do Cincuentenario, arredor de douscentos lucenses visitaron as instalacións da entidade nas Arieiras e Rampa de Claudio López, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.

Coas fotografías de 16  destacados fotógrafos e anacos literarios de 31 escritores (froito destas visitas), confeccionouse esta exposición que se ofreceu ao público lucense na sala da Deputación Provincial de Lugo e na Biblioteca Pública Provincial de A Coruña, e agora chega a Santiago, á Biblioteca Ánxel Casal.

 

Á inauguración da exposición, por parte de Aspnais acudirán o Presidente, José Reigosa, membros do equipo técnico da institución, tres monitores e un grupo de usuarios da institución.

Os autores das imaxes figuran a continuación, e entre paréntesis os escritores participantes:

ALBERTO LÓPEZ ( Helena Villar Janeiro e Xosé Lois García)

FERNANDO GAGO ( Carlos López Fernández e Xosé Otero Canto)

GERARDO LOZANO (Felipe Arias Vilas e Xoán Xosé Fernández Abella)

GERMÁN LIMERES (Antonio Reigosa e Xosé María Gómez Vilavella)

INMA PURRIÑOS (F.J. Neira Pampín e Germán García Mera)

JULIO LEIRA SANMARTÍN (J.L.Durán Mariño e Xoan Neira)

MARÍA VICTORIA FERNÁNDEZ (Martiño Maseda e Marica Campo)

EDUARDO RODRIGUEZ OCHOA (Carmen Blanco)

OSCAR CELA (Luis Latorre e Xulio Valcárcel)

PETER SCHNEIDER (Eloi Caldeiro e María Xosé Lamas)

XOSÉ MANUEL OTERO CASTRO (Francisco Piñeiro González e Iago Santalla)

YOLANDA PURRIÑOS  (Paco Martín e Manuel Xosé Neira)

ALVEZ (Alfonso Blanco Torrado e Ana Isabel Rodríguez)

JOSÉ REIGOSA (Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero e Toño Núñez)

J.VAZQUEZ (Manuel Regal Ledo e Henrique Alvarellos)

SEBAS SENANDE (B. Santín Carballada e Adolfo de Abel Vilela)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar