O Carballiño:A Deputación mellorará o acceso ao Balneario de Partovia

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega asinaron no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre ambas administracións que permitirá levar a cabo o acondicionamento da pista Torrón-As Caldas de Partovia e a mellora de accesibilidade ao balneario.

Esta alianza de colaboración, a través da cal a Deputación de Ourense destina 47.983 euros, fará posible desenvolver unha obra que contribuirá “á mellora da oferta termal do municipio co acondicionamento do acceso a un dos establecementos balnearios da nosa provincia”, explicou Manuel Baltar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar