Eleccións europeas:O BNG anuncia a candidatura conxunta con EH-Bildu y Esquerra

O BNG presentará ofiialmentea vindeira semana en Santiago de  Compostela a candidatura conxunta con EH-Bildu e Esquerra ás eleccións europeas do 26 de maio, no que será o primeiro acto oficial desta coalición de forzas soberanistas de tres comunidades autónomas, -Galiciaa, Euskadi e Cataluña, ás que despois seguirán outros no País Vasco e en Catalunya.

O acto formal de presentación terá lugar na capital galega e contará coa presenza de candidata do BNG, Ana Miranda, de Josu Juaristi, por EH-Bildu e de Diana Riba por ERC. Ademais, tamén contará coa intervención da portavoz nacional, Ana Pontón, en nome da forza política que actúa como anfitrioa.

Esta candidatura conxunta, -que contou co apoio do máis do 90% da militancia do Bloque-, é unha aposta estratéxica para o nacionalismo galego que vai moito máis aló da conxuntura electoral e recolle como bases políticas a defensa de Galicia como nación, do dereito de pobo galego a decidir libremente o seu futuro e da súa soberanía política, defensa dos intereses do país, da súa capacidade produtiva, de xeración de riqueza e emprego digno na terra.

Igualmente, combate o modelo ultraliberal da Unión Europea e defende os principios democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, dos dereitos humanos e dereitos fundamentais, da igualdade, da xustiza e da cooperación entre os pobos en pé de igualdade.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar