Certame de xornalismo de Begonte

O xurado calificador dos traballos presentados ao XLIII CERTAME XORNALISTICO “BEGONTE E O NADAL”, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, alcalde de Begonte; JESÚS DOMÌNGUEZ GUIZÁN, presidente do Centro Cultural convocante; BLANCA PACÍN SOMOZA, bibliotecaria; XULIO XIZ RAMIL, xornalista e JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ, secretario do Centro Cultural José Domínguez Guizán, acordou conceder os seguintes premios:

 PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, para o traballo titulado MENSAXES PARA A ESTRELA DA CHAIRA, publicado en Galicia Digital por PABLO NÚÑEZ GONZÁLEZ.

SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos ao traballo titulado CAMINO A LA FE, publicado en Galicia Digital por BEGONTINA, seudónimo de BEATRIZ VALCÁRCEL GÓMEZ.

Os premios serán entregados o próximo sábado, 26 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura de O NADAL EN BEGONTE.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar