Certáme Galego de Arte

Na Casa da Cultura de Begonte están expostos os cadros participantes no XXX CERTAME GALEGO DE ARTE «JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN» CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL, despois de permanecer na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia desde comezos do presente mes.

O primeiro dos cadros que aparece á esquerda da fotografía é o orixinal da pintora ADOLFINA MESA, qeu acadou do xurado o primeiro premio deste Certame, e será utilizado polo Concello de Begonte  nas súas campañas a prol da igualdade e contra todo tipo de violencia, especialmete a violencia sexual.

A Mostra permanecerá na Casa da Cultura begontina ata o próximo vintecinco de xaneiro, data na que serán clausuradas as actividades desenvolvidas en Begonte dentro da campaña de O NADAL.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar