PP de Teo:Contra os verquidos de augas fecais

 

O Partido Popular de Teo vén de denunciar problemas derivados dos vertidos de augas fecais nas inmediacións das urbanizacións de Porto Ameneiro e A Palloza.

“Os populares vimos denunciando dende hai 8 anos os problemas de saneamento cos que nos atopamos no Concello, problemas aos que o goberno municipal leva facendo oídos xordos durante todo o mandanto de Rafael Sisto, e continua sen solucionar o problema para evitar os vertidos directos de fecais aos ríos”, di José Manuel Guerra, portavoz popular municipal.

Non é un problema novo, xa que os Populares veñen denunciando os problemas de saneamento en Teo dende hai 8 anos. “Nos Verxeles, en Calo, en Pontevea ou en Sestelo, xa denunciamos este problema hai tempo e non obtivemos ningunha reacción por parte do equipo de goberno. Non hai plan de futuro neste eido a pesar de vir reclamándoo dende hai anos. A ausencia dun goberno municipal preocupado polo saneamento e capacitado para tomar solucións que resolvan definitivamente estas carencias afecta a todos os veciños e veciñas de Teo. Levamos alertando deste tipo de problemas dende hai dúas lexislaturas, do estado deplorable e deficitario da rede de saneamento e da necesidade dunha solución ”, apunta Guerra.

 

 

Ante a xustificación de que os vertido poidan deberse ás crecidas dos ríos, os populares destacan que estes días “ caeron cero gotas e as fecais seguen a rebordar. É un problema de falta de mantemento nas depuradoras do Concello e tamén é falta de responsabilidade por parte dos que gobernan”, afirman os populares de Teo.

De novo, o problema dos vertidos que sae a luz estes días deixa en evidencia, unha vez máis, o goberno municipal compartido entre As Mareas e o PSOE, cunha falta total de coordinación e total descuido medioambiental. “Un goberno, preocupado polos problemas medioambientais cando poden serville para dar un golpe político ao goberno de Feijóo, pero non preocupado por resolver os problemas da súa veciñanza. Levamos alertando destes feitos dende hai anos, e a realidade amosa que os avisos que se fan dende o PP non son en vano”, conclúen os populares.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar