Manuel Baltar recibe na Deputación ao alumnado do Centro A Farixa

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial, a dezasete alumnos do CIFP A Farixa, que están a cursar o ciclo superior de Axencia de Viaxes e Xestión de Eventos, e  do ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turística. O alumnado, acompañado pola súa profesora, Belén Gómez, visitaron o Pazo Provincial para coñecer o funcionamento da Deputación de Ourense, da man do seu presidente, Manuel Baltar.

 

A visita comezou no despacho de presidencia e continuou ao Salón de Plenos do Pazo Provincial. Durante o encontro, o presidente do goberno provincial explicoulle ao alumnado o funcionamento da administración provincial tanto da sede principal, como dos outros centros dependentes da Deputación de Ourense como o centro cultural, o Inorde, o Teatro Principal ou o Pazo dos Deportes.

 

Así mesmo, na visita, Manuel Baltar destacou a capacidade planificadora e de previsión do goberno provincial, “a primeira administración en aprobar os seus orzamentos, no pleno do mes de setembro, para que no mes de xaneiro sexa efectivas as diferentes axudas a entidades e concellos da provincia”. Neste mesmo sentido, o presidente da Deputación de Ourense lembrou que a Deputación e “a única que fai investimentos en tódolos concellos da provincia”.

 

Por último, o presidente da Deputación de Ourense, en resposta ás preguntas formuladas polo alumnado do CIFP A Farixa, dixo que os eixos clave do desenvolvemento turístico da nosa provincia son “o termalismo, a riqueza patrimonial e o turismo deportivo”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar