Teo:O PP comeza unha nova edición de “Escoita activa”

José Manuel Guerra, portavoz do grupo municipal popular e candidato á alcaldía de Teo nas eleccións de maio,  inicia a oitava edición de Escoita Activa, un programa intensivo de xuntanzas veciñais en todas as parroquias do Concello.

O ciclo, que se desenvolveu dun xeito estable ao longo da actual lexislatura, supuxo a aportación de máis de 200  propostas veciñais ao Concello, que o grupo popular canalizou durante estes catro anos, servindo en moitos casos de interlocutor entre os veciños e o propio Concello, esixindo e demandando reclamacións da veciñanza.

Esta nova edición de Escoita Activa comeza o 10 de xaneiro na parroquia de Lucí, na auditorio municipal. As xuntanzas serán sempre ás 20.30h de xeito que ata finais deste mes de xaneiro, están programados encontros veciñais co candidato nas 13 parroquias de Teo.

José Manuel Guerra pretende “intensificar neste mes unha actividade que veño facendo dende que tomei a responsabilidade de ser o candidato en 2011”. O lider do PP de Teo está convencido dos bos resultados que propicia para a veciñanza este contacto permanente que mantivo durante toda a lexislatura: “esa cercanía coas persoas residentes en cada lugar do municipio é imprescindible para conseguir unha xestión municipal eficaz e ao servizo da veciñanza”.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar