A TVG, líder absoluta de audiencia na primeira fín de semana do ano

  

A TVG foi líder na fin de semana de Reis, nesta ocasión na faixa do prime time, a máis importante do día no consumo de televisión. A canle pública galega rexistrou unha cota de pantalla do 11,9%, superando ao seguinte competidor en Galicia, Antena 3, nun punto. No total do día da fin de semana, o share da Televisión de Galicia foi dun 10,7%, o que a fixo líder entre as canles autonómicas. Ademais, a canle pública galega contou con 7 dos 10 programas máis vistos do sábado.

Dentro da programación da fin de semana, destacou especialmente a Cabalgata de Reis que a TVG ofreceu en directo desde Ourense, que foi líder na súa faixa de emisión e que tivo unha audiencia total de 344.000 espectadores. Durante a xornada do sábado, o “Telexornal Mediodía” e o “Telexornal Serán” tamén lideraron as audiencias durante a súa emisión e foron a referencia informativa da xornada en Galicia.

Xa na xornada do domingo, a TVG emitiu 4 dos 10 programas de máis audiencia da xornada, sendo tamén as dúas edicións do “Telexornal” líderes na súa faixa de emisión.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar