O ano histórico de 2018

O ano que imos queimar de contado, será lembrado nos libros de historia, por ser a semana pasada cando a ONU aprobou a Declaración sobre os dereitos dos campesiños e outras persoas que traballan nas zoas rurais. O cualificativo de histórico non é meu, senón da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO).

Xa sei que dirán aínda que é unha declaración máis e que, logo, non se cumpre. Pero que sería da humanidade se non fose a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidades en París, o 10 de decembro de 1948 como ideal común para todos os pobos e nacións? Declaración que establece, por vez primeira, os dereitos humanos fundamentais que deben de protexerse no mundo enteiro.

Que significa está declaración que ven de aprobar agora a ONU para as xentes do rural: agricultores, gandeiros, pescadores…? Máis protección, máis garantías, máis respecto, máis participación, máis dignidade, máis igualdade…

Máis dereitos para o acceso a terra, aos recursos naturais, para a xestións das sementes tradicionais.

Máis dereitos para reforzas as identidades culturais e os coñecementos tradicionais.

Máis protección para as mulleres, marxinadas e factor fundamental de que a agricultura familiar represente aínda o 80 % dos produtos alimenticios que se consumen no mundo.

Di a declaración que a agricultura familiar alimenta ao mundo, pero o desfrute dos seus dereitos humanos vese ameazado cada vez máis, incluíndo o dereito a alimentación.

E enumera a causa: a concentración da distribución dos alimentos nunhas poucas mans; o oligopolio da alimentación utilizado como mercadoría; os beneficios empresariais postos por encima das persoas.

E denuncia que os habitantes do rural sofren de xeito desproporcionado a pobreza, a fame, a malnutrición, a degradación do medioambiente, o despoboamento e o envellecemento da poboación.

Unhas poboacións rurais que constitúen a grande maioría dos pobos do mundo e as que son deixadas atrás sistematicamente, pois o capital financeiro e as corporacións teiman en monopolizar a alimentación e concentrar as terras e os bens comúns en cada vez menos mans.

Aposta a ONU por garantir a seguridade alimentaría e contribuír a biodiversidade, promovendo a agricultura familiar e campesiña.

Representa unha vitoria estratéxica non só para o campesiñado, senón tamén para os pobos do mundo, como afirman en Vía Campesiña (na que participa o SLG) que comezou a loita ao comezos deste século para que fose aprobada esta Declaración.

Ah, os EEUU e outros países imperialistas votaron en contra. O Reino de España abstívose.

Pídolles que reflexionen para ollar a súa aplicación en Galiza.

 

Afonso Eiré é xornalista e colaborador habitual de El Correo Gallego

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar