Teo pasou o Nadal sen a iluminación propia deses días

Rafael Sisto volve a deixar sen iluminación de Nadal a veciños e visitantes a Teo nestas datas tan sinaladas. O concello de Teo pasou dende o 25 de nadal coas rúas e prazas da vila fican sen ningún tipo de adorno nin luz que cree unha ambientación propia de Nadal.

Veciños e comerciantes, como xa o fixeran o ano pasado, volven de novo a trasladar o seu profundo malestar ao Partido Popular pola nula actuación do executivo local respeto á iluminación de Nadal.

José Manuel Guerra, portavoz popular explica que ningunha das zonas nas que se concentra algunha actividade comercial no Concello conta cunha soa luz de Nadal nin tampouco outra zona do municipio. “O bipartito, un ano máis, nos deixa sen a iluminación típica destas datas, deixandose levar pola súa ideoloxía política e sectaria, argumentando reiteradamente que se trata dunha celebración relixiosa e que, por conseguinte, debe ser a Igrexa quen coloque o que estime oportuno para esta celebración”.

Ante estas declaracións, os populares fan especial fincapé na incidencia que ten a iluminación como estímulo sobre a actividade comercial, “máis aló das ideoloxías políticas ou relixiosas, unha vila cun bo ambiente, incita a pasear por ela e a facer as mercas de Nadal no comercio local, en vez de desprazarse ata as grandes áreas dos centros comerciais”, di Guerra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar