Os sete grandes concellos concentran o 42% do PIB de Galicia

 

Vigo é o concello con maior nivel de actividade produtiva, cun PIB de 7.215 millóns de euros, seguido do concello da Coruña que xerou 6.527 millóns de euros en 2016. Entre ambos concellos achegan o 23,3% do PIB de Galicia.

O concello de Arteixo, con 4.104 millóns de euros, é o terceiro concello en xeración de valor engadido e presenta un incremento do 32% da súa actividade produtiva con respecto a 2014. Tras Arteixo sitúanse os concellos de Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. En todos eles, o PIB medrou con respecto a 2014.

Os concellos do Porriño e As Pontes de García Rodríguez completan a táboa dos dez primeiros concellos por volume de actividade económica.

Os dez concellos de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB) municipal no ano 2016
Unidade: miles de euros

Concello 2010 2012 2014 2016
36057 Vigo 7.438.199 7.037.821 7.035.644 7.215.147
15030 Coruña, A 6.303.274 6.141.919 6.013.831 6.526.579
15005 Arteixo 2.165.008 2.185.613 3.111.474 4.104.184
15078 Santiago de Compostela 3.569.581 3.356.617 3.136.522 3.395.128
27028 Lugo 2.264.735 2.172.203 2.119.638 2.249.020
32054 Ourense 2.322.866 2.187.455 2.056.327 2.124.096
36038 Pontevedra 1.894.233 1.839.312 1.744.544 1.888.980
15036 Ferrol 1.567.460 1.417.460 1.403.000 1.445.185
36039 Porriño, O 814.246 753.937 778.857 864.356
15070 Pontes de García Rodríguez, As 510.529 836.900 695.066 652.468

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal

Ows Produto interior bruto por habitante

Arteixo é o concello con maior PIB por habitante no ano 2016

Os concellos con maior PIB por habitante caracterízanse por ter uns niveis de actividade moi relevantes no seu concello pero non se atopan entre os máis poboados de Galicia. Arteixo, cunha poboación de máis de 30.000 habitantes, é a excepción entre os que teñen máis PIB por habitante.

Os concellos cun maior nivel de PIB por habitante presentan cando menos unha das seguintes características:

  • Son concellos que contan cun tecido industrial consolidado, están próximos aos grandes núcleos de poboación e teñen acceso a vías de comunicación de alta capacidade. Neste grupo podemos clasificar ao concello de Arteixo, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Rábade, O Porriño ou Bergondo.
  • Son concellos nos que o emprazamento dun grupo empresarial elevou os niveis de actividade económica: Arteixo é o principal exemplo, pero As Pontes de García Rodríguez, Cervo, As Somozas ou Cerceda tamén se atopan neste grupo.
  • Son concellos nos que se xera un valor engadido moi elevado pola explotación dun recurso natural –mineiro ou enerxético fundamentalmente – como ocorre nos casos de Carballeda de Valdeorras, Muras, Manzaneda, As Pontes de García Rodríguez, Cerceda, Vilariño de Conso ou Nogueira de Ramuín.

 

Os quince concellos de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB) por habitante. Ano 2016
Unidade: euros por persoa, persoas

Concello PIB por habitante Poboacion
15005 Arteixo 129.519 31.688
32017 Carballeda de Valdeorras 112.040 1.635
27013 Cervo 86.707 4.297
15081 Somozas, As 85.910 1.185
32075 San Cibrao das Viñas 80.586 5.168
27033 Muras 75.150 722
32044 Manzaneda 65.316 949
15070 Pontes de García Rodríguez, As 63.383 10.294
27056 Rábade 62.880 1.564
15024 Cerceda 55.743 5.072
32092 Vilariño de Conso 53.138 715
32052 Nogueira de Ramuín 50.973 2.056
32058 Pereiro de Aguiar 50.879 6.177
36039 Porriño, O 46.831 18.457
15008 Bergondo 39.278 6.699

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar