Baltar recibe en Ourense ao equipo Starup Programa Techstars para Europa

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar recibiu , no Pazo Provincial, ao director de Starup Programs de Techstars para Europa, Medio Oriente e África (EMEA), José Iglesias, a quen lle presentou o proxecto do futuro Centro Tecnolóxico “Provincia Intelixente” que se instalará en Ourense, froito da colaboración entre a Deputación de Ourense, ABANCA e Afundación, “facendo realidade un dos obxectivos recollidos no proxecto “Provincia Intelixente” do Plan de mandato “Ourense 15-19” e que situará a nosa provincia como referente no ámbito da innovación”, sinalou Manuel Baltar.

No encontro, no que tamén estivo o xerente do Círculo de Empresarios de Galicia, Victor Jáuregui; e o socio de Conector Galicia e coordinador do programa go2work La Molinera, Lalo García, o presidente do goberno provincial destacou a importancia de que as administracións públicas leven a cabo proxectos de innovación porque “estamos na era do talento e do coñecemento, e só aqueles territorios que os teñan, serán os territorios de vangarda”.

Trala reunión, celebrouse en La Molinera, un acto que baixo o título “Creando un ecosistema rexional de Starups”, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, o relator, José Iglesias, explicou o caso de Boulder, a cidade con máis densidade de starups en Estados Unidos, que ten o tamaño de Santiago de Compostela. Na apertura da xornada participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, quen lles deu a benvida a “este centro de coñecemento que temos en Ourense” e que lembrou a alianza de colaboración que existe entre a institución provincial e o Círculo de Empresarios de Galicia froito do cal celebramos hoxe esta xornada

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar