A Xunta pon en marcha o coordenador parental tras o divorcio

 O vicepresidente da Xunta,  Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, mantiveron unha xuntanza coa presidenta da sección de psicoloxía xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Dolores Seijo, onde analizaron e estudaron a posta en marcha na nosa comunidade da figura de coordinador parental tras o proceso de divorcio.

O Ministerio de Xustiza, na derradeira Conferencia Sectorial, deu traslado dun Programa Piloto da Coordinación da  parentalidade no que están a traballar xunto co Consello Xeral do Poder Xudicial, coa posibilidade de que se poideran sumar as CC.AA ao proxecto.

Nesta liña, a Xunta da un paso adiante e comeza xa co proceso de estudo, para que en consenso con ambas partes, os proxenitores poidan contar con esta medida de apoio para evitar e minimizar conflitos tras o divorcio, no referente ás posibles discrepancias que poidan xurdir e así asegurar o cumprimento das medidas establecidas en sentenza, e sempre na procura do máximo benestar dos fillos ou fillas,  potenciando o diálogo para lograr unha co- parentalidade efectiva. Ademais de previr posibles casos de violencia de xénero.

O programa tería  como obxectivo traballar coas familias para adquirir ou retomar habilidades  parentais, prestándolles a axuda necesaria para o acompañamento no conflito e resolver discrepancias entre os pais. A función do coordinador  parental ten que asegurar o cumprimento das medidas establecidas na sentenza. Os profesionais poderán provir do campo da Psicoloxía, Traballo social ou do Dereito e non poderá derivarse a este servizo a unha familia na o que exista violencia sobre os menores.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar