Teo:Guerra, voceiro do PP, critíca ao alcalde Sisto polo “burato económico”

 

 

O lider dos populares teenses, José Manuel Guerra, convocou ao seu equipo, alertado pola recente aprobación dos orzamentos de 2019, cunha crítica herdanza de 5 millóns de euros en débeda. Os orzamentos de Rafael Sisto non responden ás necesidades da veciñanza de Teo, cunha aposta económica “irrisoria” en seguridade, transporte, abastecemento ou saneamento. Para os populares, reflicten “desgoberno, despilfarro e desatención ás auténticas necesidades”.

 

No capítulo de seguridade, para os populares “existe un grave problema; no orzamento non se contempla o aumento de persoal comprometido polo alcalde en primeira persoa perante a veciñanza xa en 2017 no que corresponde ás forzas de seguridade local, conxelando os escasos investimentos; incluso os cartos destinados a Protección Civil, descenden de cara ao ano que vén”.

 

As necesidades de transporte son outra das grandes demandas da veciñanza tralo estrepitoso fracaso do Teobús e que non se ven acompañadas nos orzamentos de 2019. Mais, para José Manuel Guerra resulta especialmente ferinte “a burla que se lle fai á veciñanza reducindo á metade as xa escasísimas inversións en alcantarillado e conxelando os investimentos en abastecemento.

 

Igualmente, redúcese nun 5% o apoio ao tecido asociativo local e conxélanse ou diminúen os investimentos en actividades culturais, educativas e deportivas.

 

Os orzamentos de 2019 tamén reflicten o engano de PSOE e Son de Teo respecto dos cálculos relativos ao aforro enerxético prometido coas novas farolas, reducindo nun 33% as súas previsións, o que supón perder 100.000€ de aforro ao ano. Todos apoiamos a colocación das novas bombillas led, mais conforme pasa o tempo o único que comprobamos é un despilfarro desaforado eliminando farolas en perfecto estado e cando chega a hora da verdade resulta que non aforran todo o que se prometera, destaca Guerra.

 

Mais a maior preocupación segue centrada na “desbocada” débeda municipal superior aos 4,7 millóns de euros, unha cifra “alarmante” considerando un orzamento de 16 millóns e que supera o 33% sobre os dereitos liquidados. Por eso, en palabras de Guerra, “o burato económico que deixa Sisto soamente é comparable aos os buratos que enchen as nosas pistas e estradas”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar