Reunión de Manuel Baltar con directivos das confederacións de empresarios de Ourense e Pontevedra

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros Arce, e co vicepresidente e portavoz da Confederación de Empresarios de Ourense, Jose Manuel Díaz Barreiros, para repasar a actualidade empresarial de ámbolos dous territorios.

Na xuntanza tiveron a oportunidade de analizar diversos proxectos de interese para o empresariado ourensán e pontevedrés como o corredor atlántico, o campus de Formación Profesional ou as eleccións na Confederación Empresarial de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar