Campaña en Ourense de adopción de animais abandoados

Con motivo da conmemoración do Día mundial dos animais a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense en colaboración coa Protectora de animais Progape desenvolve unha campaña de promoción da adopción responsable de animais abandonados.
Co lema “Sé responsable: ADOPTA, COLABORA”, a campaña q chama a cidadanía a implicarse ante o abandono destes animais no albergue municipal están acollidos na actualidade uns 350 cans e un cento de gatos_, lembrando ás persoas que esten interesadas en colaborar que poden facelo de diferentes xeitos: acoller temporalmente na vivenda, facerse voluntarias, apadriñar unha mascota ou adoptar responsablemente

Tamén no marco desta campaña organízanse paseos solidarios de mascotas abandonadas, os martes e xoves ás 17.30 e os sábados e domingos ás 11.30h na contorna do Centro Municipal de recollida de animais abandonados.

As actividades comezaron o sábado 6 de outubro cunha Andaina de mascotas abandonadas, actualmente aloxadas no centro municipal de acollida, unha recollida solidaria de alimentos para animais abandonados, unha exhibición de Graffitis en vivo, a cargo de Tareixa Taboada, Abraham Caride e Rafa Jurado e unha exposición das fotografías do II Concurso de Fotografía Mascotas Adoptadas Responsablemente Concello de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar