Teo: Indignación entre a veciñanza pola “chapuza” das novas farolas

Os populares de Teo volven a poñerse a carón da veciñanza da localidade. De forma constante nestas últimas semanas seguen a recibir as chamadas de veciños e veciñas alarmados pola pouca seguridade na colocación das novas luminarias. Guerra comparte a indignación porque, segundo afirma, “o maior investimento do concello en décadas está a converterse na maior chapuza. É indignante que se paguen 3 millóns de euros e o resultado sexa este”.

Unha boa parte das queixas céntrase na eliminación das farolas ornamentais de fundición, xa que a veciñanza non comprende o enorme despilfarro que supón a eliminación de moitos pés en perfecto estado. Os populares computaron a día de hoxe máis de 350 unidades, que mercadas novas suporía un valor superior aos 300.000€. “É inaceptable e soamente a Sra. Lemus sabe por qué se fai, quen preguntada en dous plenos polo destino das mesmas nunca soubo dar unha resposta convincente”, insiste Guerra.

Ao fío da cuestión, os populares explican que dende o propio equipo de goberno fan oídos xordos, responden con evasivas e sempre culpan aos demais; o despilfarro de cartos é inaceptable cambiando unhas farolas que estaban en perfecto estado”.

 

FAROLAS COLOCADAS “NO AIRE”

 

A veciñanza de Montouto e San Sadurniño non sae do seu abraio ao comprobar a eliminación das farolas de fundición ornamentais nas súas urbanizacións e a “chapuza de xulgado de guardia” coa que se colocaron as novas. Así se expresaba unha veciña de Montouto que fixo chegar aos populares imaxes duns pes atornillados “no aire” sobre bases que quedaron en pésimo estado supostamente debido ao cambio efectuado. “Como non van caer tal e como foron colocadas! Mesmo da medo pasear ao seu caron, que parece que van caer dun momento a outro”, exclamaba, en alusión á luminaria desplomada hai escasas semanas trala súa colocación.

A estas queixas, súmanse as de veciños do rural quen teñen publicado nas súas redes sociais imaxes de cables enleados nos propios postes de luz ou materiais de diverso tipo (como tornillos, arandelas ou arames) ciscados pola vía pública.

 

 

O PP APOIA O AFORRO ENERXÉTICO

Os populares recordan que eles foron “os primeiros en apoiar ao Concello cando se nos comunicou a decisión de renovar as luminarias vellas por luminarias de led, pero entendíamos que serían nas zonas necesarias onde as luminarias estaban en moi mal estado, non cambiar as farolas que están en perfectas condicións na súa maioría en contra do que quere dar a entender a voceira socialista”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar