Baltar visita a mostra «Arte privada en Ourense»

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o centro cultural «Marcos Valcárcel» para coñecer os traballos que se están a levar a cabo na montaxe da que será a gran exposición deste Nadal na provincia de Ourense: a mostra «Arte privada en Ourense», que reúne importantes obras pictóricas e escultóricas de destacados artistas internacionais de diferentes séculos, pertencentes a coleccións privadas ourensás. Acompañado pola comisaria da exposición, Ángeles Fernández, o presidente do goberno provincial percorreu as dúas salas nas que se está a realizar o labor preparatorio para a presentación e inauguración da mostra, que terán lugar mañá venres, no centro cultural da Deputación de Ourense.

Baltar afirma que, na liña da mostra In tempore sueborum, esta é unha gran exposición feita en Ourense e desde Ourense, xa que as obras que van a ter a posibilidade de contemplar os ourensáns e visitantes neste Nadal pertencen a coleccións privadas de Ourense, o que demostra a gran paixón pola pintura, a arte e a cultura na nosa provincia», obras que, segundo destaca o presidente da Deputación, «pertencen as datas máis importante da pintura universal, e os ourensáns van a contar con esa posibilidade que a Deputación ofrece, logo do importante traballo desenvolvido pola comisaria da mostra, Ángeles Fernández. «Trátase dun dos grandes proxectos culturais deste mandato e animamos ás persoas a que acudan á inauguración da mostra e a que ao longo deste Nadal e datas posteriores poidan comprobar a excelencia desta exposición», destaca Manuel Baltar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar