Estudio Xeral de Medios:TVG e a Radio Galega son as canles máis seguidas

Televisión de Galicia acadou unha cota de pantalla de 12,5% no período de luns a domingo nos meses de outubro e novembro, segundo o EXM (Estudo Xeral de Medios) que corresponde á terceira onda do ano 2018.

Este resultado sitúa a TVG como a canle máis vista en Galicia neste período de tempo. Por días, os sábados foron o día de maior fortaleza da TVG, cun 18,5%, seguidos polos xoves (14,1%) e os domingos (13,6%).

Con respecto ao prime time, ou horario de máxima audiencia, a cota media desta faixa foi dun 12 %, superando esta media, tamén, os xoves, sobre todo cos bos datos de audiencia que xera o programa “Land Rober Tunai Show”, sábados, con “Bamboleo”, e domingos, con “Serramoura” e “En xogo”. No conxunto do día, a media da TVG neste período de 2018 foi de 12,5%, aumentando nos horarios de sobremesa (13.30-17:00 h.) ata o 19,6%.

Segundo o EXM, no ano móbil que vai de febreiro a novembro, a Televisión de Galicia acadou de luns a domingo unha cota de pantalla de 14,6%, mentres que de luns a venres a media

 

 

 

RADIO GALEGA

A Radio Galega incrementa a súa audiencia segundo a última onda do Estudo Xeral de Medios, publicada este xoves, situándose como a única emisora que sobe de luns a domingo en Galicia. A emisora sitúase en 133.000 oíntes diarios de luns a domingo, e en 131.000 de luns a venres. Ademais, é salientable a subida de Radio Galega Música, que aumentou a súa audiencia nun 67% e chega aos 20.000 oíntes.

O “Galicia por Diante”, dirixido e presentado por Xosé Valiñas e Kiko Novoa, sumou 90.000 oíntes, 23.000 máis que hai un ano. Na faixa informativa de 06:00 a 09:30 h., reúne cada mañá a 30.000 oíntes, 10.000 máis ca no mesmo mes de 2017. Nas madrugadas, Marcial Mouzo segue sendo o líder indiscutible en Galicia xa que “Pensando en Ti” conseguiu triplicar os seus datos do ano pasado para situarse nos 33.000 oíntes.

O “Diario Cultural”, enmarcado no proxecto #cultura365 que engloba todos os contidos culturais da Corporación, chega a máis de 45.000 oíntes diarios de luns a venres e 100.000 na fin de semana, logo do lanzamento dunha nova estratexia de información cultural na radio pública de Galicia, con catro edicións diarias de luns a venres e tres na fin de semana. Así, “Diario Cultural”, que na última onda do EXM alcanzara os 3.000 oíntes, acada o seu mellor dato na faixa da mañá, onde é seguido por 35.000 persoas. Durante a fin de semana, o programa chega a 73.000 persoas o sábado e 17.000 o domingo. E a edición de contidos alternativos das 14:15 h. do mediodía dos domingos é seguida por 19.000 persoas.

No eido deportivo, o “Galicia en Goles” de Xoán Galán é líder indiscutible das fins se semana, con 100.000 oíntes entre o sábado e o domingo. Ademais, destaca a boa acollida dos novos programas de deportes como “Zona Mixta”, que comezou en setembro e aumentou en 9.000 oíntes para situarse nos 12.000. Outra das novas apostas, “Ao Contrataque”, remata o seu primeiro ano con 9.000 oíntes. Pola súa banda, “Convivir Deportivo” é seguido cada semana por 24.000 persoas, 3.000 máis que na anterior onda.

Con respecto aos datos durante a fin de semana, o “Galicia por Diante” experimenta o maior incremento e alcanza os 88.000 oíntes o sábado, e os 34.000 o domingo, oito veces máis que hai un ano. Fóra da información, “Sala 5” o programa de cine da Radio Galega suma 15.000 oíntes e “Mar de Ardora”, 10.000.

Radio Galega Música acada nesta onda do EXM 20.000 oíntes de luns a domingo, o que supón un 67 por cento de incremento con respecto ao mesmo informe de 2017, e cando fai dez meses da posta en marcha dunha nova estratexia de radio fórmula para esta emisora. A audiencia da Radio Galega complétase con 7.000 oíntes de Son Galicia Radio, a emisora de música exclusivamente en lingua galega. En total, as emisoras da Radio Galega chegan a 152.000 oíntes, un 4 por cento máis que no EXM do ano pasado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar