O Castro de San Tomé, onde naceu a cidade de Ourense

O Castro de Santomé, un dos puntos de orixe da cidade, vai ser obxecto no vindeiro ano dunha serie de actuacións que suporán a limpeza, consolidación e acondicionamento dunha área de 475 metros cadrados situados na ladeira sur do Xacemento. “Trátase dunha  moi boa noticia, despois de moitos lustros sen actuación algunha”, sinalou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen recentemente solicitara ao Executivo galego a realización dunha actuación para a posta en valor desta área arqueolóxica.

Na rolda de prensa posterior á Xunta de goberno local, Vázquez explicou que esta intervención súmase á importante aposta neste mandato por recuperar e reivindicar o rico patrimonio histórico e artístico da nosa cidade, en colaboración co Goberno galego, e que xa ten suposto actuacións nas Burgas, a Catedral, a Ponte Romana e “próximamente na Igrexa da Trinidade”.

A Xunta de Galicia investirá 135.00 euros nun proxecto que se desenvolverá en dúas fases. Primeiro realizarase unha primeira de limpeza da contorna e a escavación da área elixida. A segunda fase consistirá na consolidación e musealización das estruturas atopadas. O proxecto tamén contempla a instalación dunha varanda de madeira no perímetro da zona intervida e a elaboración de paneis informativos (tipo mesa) para dar máis información aos visitantes.

Este foi un dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local, na que se aprobaron un total de 27 cuestións. Entre elas tamén destaca a aprobación do proxecto básico e de execución de 168 osarios no cemiterio de Santa Mariña e a prórroga (por dous anos) do convenio para a xestión do refuxio de animais de Progape, “dúas importantes demandas cidadás ás que lle damos resposta esta semana”, dixo Jesús Vázquez.

Na área de Sanidade acordouse a prórroga prórroga do convenio entre o Concello e a Asociación Protectora de Animais de Ourense, Progape, para a xestión do refuxio e para a recollida e traslado de animais abandonados. O convenio conta cun orzamento de 210.880 euros para un período de dous anos: entre o 26 de decembro de 2018 e a mesma data do ano 2020.

En Contratación (2) aprobouse o expediente para contratar, mediante procedemento aberto simplificado, en tramitación abreviada, o proxecto básico e de execución da construción de 168 osarios e columbarios no cemiterio de Santa Mariña por un importe de 65.585,61 euros. A construción destes 168 osarios permitirá aliviar a demanda que hai deste servizo na actualidade. As concesións serán por períodos dende cinco anos (por 75 euros) ata 50 anos (330 euros). Ademais, declarouse deserta a licitación por procedemento aberto da subministración de enerxía eléctrica  para o Concello de Ourense, no lote 2.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar