Expourense: A segunda edición de Antiq Auria reúne a expositores de catro paises

Expourense ofrece esta fin de semana do 23 ó 25 de novembro unha triple cita para as familias: Celebra, 19º Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais; BEBEGA, 2ª Mostra do Bebé, e Antiq Auria, 2ª Feira Internacional de Antigüidades. As dúas primeiras celebraranse o sábado 24 e o domingo 25 mentres que a terceira comezará xa o venres 23 pola tarde. En total, un cento de expositores presentarán os seus produtos e servizos especializados no recinto feiral.

Esta triple cita feiral foi presentada esta mañá nun acto na sede da Confederación de Empresarios de Ourense contando coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, entidade colaboradora con Celebra e Bebega; de José Antonio Ferreiro, copresidente da Asociación Memoria Antiga que coorganiza Antiq Auria xunto a Expourense; Emma González, directora adxunta de Expourense e os representantes das empresas que van participar na pasarela de Celebra.

Celebra
A 19ª edición de Celebra presentará a calidade, o deseño e a orixinalidade cos que traballan as empresas ourensás, xa que a meirande parte deles proceden desta provincia. Esta cita contará presentará unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais tales como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e lanzamentos de novos produtos, etc.

Para premiar a fidelidade dos visitantes ante os exposirotes, realizarase o sorteo dun vale de compra de 700 euros entre as persoas que visiten durante o salón os stands das firmas que colaboran con esta iniciativa. Este vale poderán consumirse na empresa que desexe a persoa agraciada no sorteo tendo ata o 29 de abril de 2018 para consumilo.

Unha ducia de sectores estarán presentes en CELEBRA destacando a oferta en restauración, organización de viaxes e animación de eventos que son os que contan con maior representación. Tamén terán o seu espazo a moda nupcial e de festa, aluguer de vehículos, restauración, animación e discotecas móbiles, xoiería, perruquería e estética, fotografía, floristería, agasallos e prensa especializada. Tamén haberá empresas especializadas na organización integral de eventos, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas.

As pasarelas volverán convocar ao público que se achegue para coñecer as últimas tendencias en moda nupcial e festa. Terán lugar tanto o sábado como o domingo ás 18.00 h. e contarán coa participación das seguintes empresas: Alma (Moda noiva e festa); Angelo Milano (traxes de noivo e cerimonia); Badaladas (moda noiva, comuñón e festa); Drácena (arranxos florais); Loyma (xoiaría); Nicandra (moda noivas e festa); Paris Diffusion (perruquería e estética). Esta actividade estará coordinada pola Axencia Luena. Todas estas firmas aseguran a organización dun evento 100% ourensán, xa que ademais todas elas contan con coleccións de fabricación e deseño propio. Estas galas estarán presentadas pola “eurovisiva” cantante Lucía Pérez.

Otra das actividades que terá lugar durante Celebra será a cata de viños para público especializado organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e que terá lugar o sábado.

As empresas expositoras ven en Celebra unha oportunidade para reactivar o comercio minorista nunha cita á que acode público obxectivo na busca dos produtos e servizos especializados. Ó mesmo tempo, poderán captar novos clientes a curto e medio prazo. Celebra concentra un importante volume de negocio, xa que o custo medio dunha voda en Galicia está a rondar os 20.947 euros, segundo datos do portal especializado www.bodas.net. Este mesmo portal indica que as vodas contan con cada vez menos convidados (130 de media) pero que o gasto realizado polos noivos en cada un deles é maior.

 

 

BEBEGA

Bebega, 2ª Mostra do Bebé, é unha mostra especializada para axudar ás familias a preparar a chegada do novo membro da familia. As empresas e asociacións participantes ofrecerán un escolma de productos e servizos orientado ao benestar do bebé: puericultura, moda, decoración, agasallos, desenvolvemento intelectual, psicoloxía ou ioga… Esta mostra conta ademais de novo coa participación da Asociación Galega de Matronas que participarán nesta cita para resolver as dúbidas tanto das embarazadas como das que veñen de dar a luz. Os visitantes de Bebega poderán participar en varios sorteos de material para bebés.

Esta exposición compleméntase cun completo programa de charlas e obradoiros. Este será o programa:

Sábado 24 DE NOVEMBRO:
11.30 a 13.00 h.: Dinámicas de intelixencia emocional para nenos (de 3 a 4 anos).
A cargo de: Psicología Torres (Ourense). www.psicologiatorres.es

12.00 h.: Yogui Mami & Baby (menores de 12 meses).
Centro Akiwa Zen (Ourense).

12.30 h.: Conferencia: A seguridade viaria infantil non é un xogo de nenos.
Imparte: Benito Bouzada Blanco. Colaborador e portavoz de Stop Accidentes Ourense e activista pola Seguridade Viaria.
Colabora: Stop Accidentes.

12.45 h.: Yogui Mami & Baby (maiores de 12 meses).
Centro Akiwa Zen (Ourense).

16.00 h.: ¿Coñeces todo o que a túa matrona pode facer por ti?
Marta Rial de la Torre. Asociación Galega de Matronas.

17.00 h: Yoga & Biodanza Kids (nenos e nenas a partir de 6 anos).
Centro Akiwa Zen (Ourense).

17.00 h.: Obradoiro: “O circuíto dos sentidos. Estimulación e integración sensorial por recunchos”. Para peques de 1 a 2 anos acompañados polas súas familias. (Traer roupa cómoda, muda para cambiar e coñecer intolerancias alimentarias).
Mauro Santos. Director de NENOOS Ourense.

Domingo 25 DE NOVEMBRO:

11.30 a 13.00 h.: Xestión emocional para futuras nais, xestantes e nais con fillos de corta idade.
A cargo de: Psicología Torres (Ourense). www.psicologiatorres.es

12.15 h.: Ioga para embarazadas.
Centro Akiwa Zen (Ourense).

16.00 h.- Prepárate para o parto!
Elena Rodriguez Vidal. Asociación Galega de Matronas.

17.00 h.- “Obradoiro Baby Ready”. Programa de NENOOS para, a través do xogo, sentar as bases da aprendizaxe para un inicio positivo no cole. Para peques de 2 a 3 años acompañados das súas familias.
Mauro Santos. Director de NENOOS Ourense.

A asistencia a estas actividades é gratuíta. Recoméndase a reserva da praza no 988 36 60 30 ou escribindo a comunicacion@expourense.org.

 

Antiq Auria

A segunda edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, reunirá a expositores procedentes de 4 países (España, Portugal, Francia e Suíza). Trátase dun

evento organizado de forma conxunta entre o recinto feiral e a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense. Os bos resultados acadados pola primeira edición, celebrada o pasado mes de maio, levou a convocar esta segunda cita das antigüidades na que un preto dun 80% dos expositores repiten contando ademais coa incorporación doutros novos como é o caso de Antigüedades Parrado, de Arévalo, unha das empresas máis importantes a nivel nacional.

Antiq Auria, punto de encontro de nostálxicos, presentará multitude de obxectos únicos e cheos de historia divididos entres sectores. A primeira delas será a das antigüidades propiamente ditas (obxecto con máis de 50 anos) como xoguetes, teléfonos, reloxos, mobles, xoias, porcelanas, etc. Neste área contarase coa presenza de expositores como Gold Cash de A Arxentina, referencia mundial en xoias antigas. A outra área será o coleccionismo onde se poderán atopar numismática, filatelia, etc. Por último, esta cita conta tamén cun área reservada para os afeccionados aos obxectos e ropa vintage (sec. XX), que se teñen convertido nunha moda e nun referente á hora de decorar os fogares.

Participan nesta feira expositores procedentes de todos os puntos de España e tamén expositores franceses e suízos que adoitan participar nos principais mercados centroeuropeos do sector. O obxectivo de Antiq Auria, tal e como indican dende “Memoria Antiga”, é “poñer en valor o antigo e que a xente conserve e lle teña cariño as cousas vellas porque son parte da súa historia”. Ao mesmo tempo, queren promover o hábito de mercar antigüidades. Dende esta entidade destacan ademais que o mercado de antigüidades en Ourense é todo un referente nacional pola súa calidade e variedade e que hai moita tradición entre a cidadanía. Este é un dos motivos polos que estarán presentes os anticuarios de referencia da provincia e tamén do resto de Galicia.

Ademais de punto de venta, Antiq Auria tamén pretende servir para que os visitantes teñan a posibilidade de taxar ou vender aquelas obxectos antigos que teñen nos seus fogares. Os interesados poderán coñecer o valor ou o prezo estimado das antigüidades e vendelas se lles resulta de interese.

O horario de apertura de Celebra e Bebega será sábado e domingo de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas. Mentres que o horario de Antiq Auria será o venres de 17.00 a 21.00 horas e sábado e domingo de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 h. A entrada terá un custo único de 2 euros e permite acceder ás tres feiras.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar