Afundación e o Instituto Galego do Viño presentan un novo curso sobre a cultura do viño

Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Instituto Galego do Viño convocan un novo curso de cata de viños. A proposta xira en torno aos viños españois e portugueses e está dirixida a persoas cun certo coñecemento enolóxico. Desenvolverase nas sedes Afundación de Vigo e Pontevedra os mércores 7, 14, 21 e 28 de novembro, en horario de 19.00 a 21.30 h. As inscricións pódense realizar a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com, a través do teléfono 902 504 500 e nas billeteiras das sedes da entidade.

O obxectivo do programa é estudar con maior profundidade as técnicas de viticultura e enoloxía, coñecer as variedades de uva adicionais, iniciar na xeografía vitivinícola da península ibérica probando viños de diferentes zonas de España e Portugal, adestrando as habilidades de cata.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar