Hoxe, entrega do título de Fillo Adoptivo de Guitiríz a Alfonso Blanco Torrado

 

Hoxe, ás 12,00 h., na igrexa nova de Guitiriz, vaise entregar o título de  Fillo Adoptivo do Concello de Guitiría ao crego e activista cultural Alfonso Blanco Torrado.

No acto, que será conducido polo xornalista Xulio Xiz, actuarán o Gaiteiro Raul Galego, a Banda de música de Guitiriz, dirixida por Abel Riveira Pena e a Coral Xermolos, que dirixe Manuel Vizcaíno.

A funcionaria do concello de Guitiriz, Sandra Freire del Valle, por delegación do Secretario, dará lectura do acordo polo que o pleno municipal, por unanimidade, nomea Fillo adoptivo do Concello a Alfonso Blanco Torrado.

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, promotora da distinción, intervirá no nome do concello, entregando o título ao galardoado, que responderá a continuación.

Seguidamente, 16 poetas galegos leerán os seus poemas -todos de 14 versos- na honra de Alfonso.

O acto rematará coa interpretación do Himno Galego, polo Coro Xermolos e a Banda de música de Guitiriz.

Poetas que leerán os seus traballos:

DARÍO XOHAN CABANA, LUZ CAMPELLO, MARICA CAMPO, LOIS DIEGUEZ, X.X. FERNANDEZ ABELLA, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, XOSÉ LOIS GARCÍA, CAMILO GÓMEZ TORRES, LUIS GONZÁLEZ TOSAR, MARÍA XOSÉ LAMAS, PACO MARTÍN, MERO, XOSÉ ANTÓN MIGUÉLEZ, XOÁN NEIRA , XOSÉ OTERO CANTO e XAVIER RODRÍGUEZ BARRI

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar