Oito viais de Ourense serán mellorados

Oito viais da cidade serán obxecto de obras de mellora grazas á cooperación institucional entre o Concello de Ourense, a Deputación Provincial de Ourense e a Xunta de Galicia. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez agradece a achega económica de ambas administracións, por un total de 136.000 euros “que nos permitirá mellora substancialmente a calidade de vida da veciñanza de diferentes zonas da cidade, dando resposta as súas demandas” O Concello de Ourense porá a disposición os terreos necesarios para a execución das obras.

A Deputación Provincial de Ourense executará o proxecto “Afirmados, regas e bacheos en camiños municipais (Ourense)”, cun orzamento de 45.981,44€, e un prazo de execución será de 2 meses.

Esta actuación inclúe tres viais da trama urbana de Ourense: a Avenida do Regato (sita na Farixa), o Camiño Miramón e a rúa Alberto García (as dúas ubicadas nas proximidades da Avenida de Zamora).

As obras a realizar son de conservación e reposición de firmes nestas vías, de calzada única e dobre sentido de circulación, e inclúen a limpeza, a reparación dos firmes, da pavimentación e o bacheo, a sinalización horizontal e a xestión de residuos.

Mellora de camiños rurais

Pola súa banda, a Xunta de Galicia, acometerá a mellora de varios camiños rurais, por un importe de 88.648,04€, cun prazo de execución de 2 meses. Serán a mellora do firme e o acondicionamento da rede viaria de camiños dos núcleos das parroquias de Untes e Santa Cruz de Arrabaldo, e do firme dos camiños en núcleos da parroquia de San Miguel de Canedo.

Deste proxecto beneficiaranse oito viais: en San Miguel de Canedo, as rúas Costiña de Canedo (vial de 579 metros de lonxitude e unha anchura media de 5, a rúa Pazo de Eiroás, de 246 metros de lonxitude e 4m de anchura, e a rúa do Medio, de 637m. de lonxitude e anchura media de 4m).

En Untes intervirase no camiño da Seara (498 metros de lonxitude e 4 de anchura media), mentres que en Santa Cruz de Arrablado a rúa beneficiada será a coñecida coma Toco do Raposo (683 x 3,5m).

A situación das vías na actualidade presenta como denominador común unha serie de patoloxías como fisuracións, zonas en proceso de desintegración superficial, asentamentos puntuais e mal estado de cunetas.

As actuacións consistirán en limpeza das cunetas: incluíndo o seu desbroce e perfilado para mellorar a drenaxe superficial e acadar que as aguas se canalicen axeitadamente. Esta intervención evitará o deterioro da plataforma e contribuirá a alongar a vida do pavimento e da estrada en xeral. Tamén se bachearán as zonas, mellorando o firme con tratamento superficial e gravilla

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar