A xuntanza do amor intelixente á terra ó redor de Antón Pulido

Estiven presente na Casa da Cultura do Carballiño na a homenaxe ó pintor e activista cultural galego Antón Pulido. O feito, congregou xunta del a unha escolleita representación da cultura e a vida social de Galicia. O acto xirou ó redor da presentación do número 34 da revista “Ágora do Orcellón”, adicada a Pulido, colaborador desta publicación dende o seu primeiro número. Presidiu o acto o titular do Instituto Avelino Muleiro xunto cos alcaldes de Amoeiro, terra de Pulido, Rafael Rodríguez; o do Carballiño José Fumega Piñeiro, e o director xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez. O libro está ilustrado coa obra do propio Pulido e dun feixe de outros artistas e amigos.

Previamente a entrega do primer volumen da nova edición da revista tomaron a palabra varios dos colaboradores presentes que participaron no libro homenaxe. Fixo a “Laudatio” final o cadeirádego da Universidade de Santiago José Manuel García Iglesias e o arquirecto Oscar Gónfer entregoulle como agasallo una debuxo a carbiño coa faciana de Antón Pulido. Pecharon a homenaxe as palabras do alcalde do Carballiño e o director xeral de Política Lingüística que coincidiron en salienta-las cualidades de Pulido e engadir algunhas outras consideracións sobre a súa persoa.
Pola miña banda, escribin del no libro o que reproduzo: Estabades trabucados. Antón Pulido non é un pintor, como credes. Antón Pulido é un filósofo vital que pensa e…pinta. Cando nos saúdamos, ou un ou otro nos dicimos: Na arte e ma vida as metas están perto e lonxe”. E dámonos unha aperta.

¿E de onde ven todo isto? Retrocedamos 40 anos. Ámbolos dous somos rapazotes e atopámonos en Ourense. Eu son un xove xornalista que me desenvolvo en Radio Popular na delegación da Voz de Galicia. Pulido é un pintor xa coñecido a quen lle fago unha entrevista sobre o seu traballo e as súas arelas. E como o filósofo que é dime: “Na arte e na vida as metas están perto e lonxe”. E dámonos unha aperta.

O longo destes 40 anos teño pensado moito na fondura deste pensamento que toma todo o seu valor se temos en conta que Antón andivo paseniño á conquista das súas metas sen perder a base de saída e sinxelo achego ás cousas máis próximas cara ás lonxanas arelas entón que hoxe forman parte do seu presente.

Nesa proximidade que nos achega o permanente, están as cousas cotiás como a amizade dos amigos verdadeiros e o convivir con alegría no propio espazo onde moran. E neste caso, este pintor de sona, intelectualmente valorado, segue a ser como aquel rapaz paisano que eu coñecín filosofando sobre a arte e a vida.

Antón Pulido ten unha pintura que emociona porque trasmite a sinxela bonhomía deste home entrañable que é capaz de transfomar nunha poderosa sensación un feixe de cores que se queren como liscar do cadro onde os puxeron e invadir os nosos corazóns. Coido eu, porque Pulido, insisto, é un filósofo vital que pinta e fai dos seus cadros como unha mensaxe desprendida das formas e da cromática.

Eu non son quen para falar criticamente da obra de Pulido. Non sería neutral. Eu falo del como home, como amigo, como personaxe, e insisto niso, como filósofo vital. Ten Pulido nos beizos unha mensaxe permanente de amor á vida, de amor intelixente á terra e ás súas xentes. E sendo profundamente galego, é un home universal, proxectado ós espazos infinitos dende a súa forma de entende-la arte. E fainos sentir, na sinxeleza coa que plasma as xentes de tódolos días que formamos parte dunha grande comunidade humana da que é un dos seus mellores relatores, sexa coa palabra, sexa coa emoción da súa pintura.

Alguén dixo que a mellor cualidade dos homes bos, coma Pulido, é que aparentan que son homes correntes, como outros calquera.
Pulido, insisto, non é un pintor. E un filósofo que pinta”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar