A EGAP intensifica a formación dos empregados públicos

Oitenta empregados públicos iniciaron hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso superior centrado no estudo das leis 39/2015 e 40/2015, unha formación básica para conseguir unha xestión eficiente e eficaz do sector público.

Durante a inauguración da actividade, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, resaltou o esforzo da Escola por actualizar os coñecementos dos empregados públicos galegos en todas aquelas materias incidentes na Administración que revistan novidade mediante a oferta de formación continua, cursos superiores, cursos monográficos e xornadas. Ademais, destacou a boa acollida destas accións por parte do alumnado, reflectida nas elevadas cifras de matrícula.

En consecuencia, en 2018 a EGAP intensificou de maneira significativa as actividades relacionadas coa lexislación administrativa básica coa convocatoria de 22 cursos específicos e 1280 prazas. Ademais, fixo extensible esta formación a todos os empregados públicos de Galicia a través do programa de autoformación, unha iniciativa da Escola para ofertar contidos formativos sen límite de prazas.

Finalmente, Sonia Rodríguez-Campos destacou a importancia da nova normativa para os empregados públicos pola súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar