Ourense homenaxea a vida e obra do mestre Vide

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou nos actos conmemorativos impulsados polo músico Óscar Ibáñez co gallo do 125 aniversario do nacemento do mestre Vide, actos cos que colabora a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense, e que pretenden poñer en valor o seu legado cultural.

As actividades comezaron esta mañá no cemiterio de San Francisco, onde tivo lugar unha ofrenda floral no panteón do Orfeón Unión Orensana aos seus directores. No acto, o vicepresidente da Deputación de Ourense destacou a figura do homenaxeado quen forma parte “da nosa historia cultural”, e dixo que con esta iniciativa “Ourense rende homenaxe a vida e a obra dun ilustre ourensán, recoñecendo a súa traxectoria docente e musical”.

A música durante o acto correu a cargo da Coral de Ruada, que interpretou obras de Vide, mentres que un grupo de gaiteiros da Escola de Gaitas da Deputación, interpretou unha muiñeira inédita composta por Vide. As actividades conmemorativas continuarán pola tarde, ás 20.00 horas, no centro cultural “Marcos Valcárcel”; onde o musicólogo Javier Jurado ofrecerá unha conferencia sobre a vida e a obra do mestre Vide.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar