Alcoa, un retrato galego

Sen encomendarse aos deuses nin aos demos. Así se anun- ciou o peche da factoría coru- ñesa de Alcoa.

A empresa, regalada polo Estado a multinacional no 1998, levaba catro anos amagando, pero esta vez non houbo comunicación nin aos traballadores, nin a Xunta, nin ao goberno do Estado. Nunca farían nada semellante se o capital fose galego. Pero é norteamericano. As multinacionais obran así.

Esta decisión e as súas con- secuencias son o retrato verídico da economía galega: o capital e os centros de decisión das principais empresas están no estranxeiro.

Xa sei que algúns recorrerán a que o capital non ten patria, pero non é certo.

Historicamente veuse denunciando que as grandes empre-sas radicadas en Galiza eran empresas de enclave, que se nutrían das nosas materias primas, pero que o valor engadido e as ganancias camiñaban cara a capital do Reino.

Agora estamos nunha nova fase a que xa non da resposta O atraso económico de Galicia, o libro referencial de Xosé Ma-nuel Beiras.

Hoxe as grandes empresas extractoras non só seguen en mans foráneas, tamén as comunicacións están en mans estranxeiras (xa ultimaron a venta da AP-9); os mercados inmobiliarios están en mans de fondos especuladores; o mesmo que a xestión de servizos municipais, como a auga e a limpeza… E aínda os principais servizos sociais… E quedamos sen banca, nin de capital galego nin pública. Sorpresivamente, a maioría dos medios de comunicación son aínda de capital galego. E teñen a obriga de explicar o que pasa. Imos alá.

Cando se afundiu o Casón, Inespal aproveitou a ocasión para paralizar a produción, deixar que as cubas se estragasen e, ante unha grande baixa-da da alumina, darlle saída aos excedentes. Con aquela operación e o pagamento dos seguros, gañou millóns. Pagárono os traballadores. Xa fixeran o mesmo en Canadá na anterior crise do sector.

Agora o prezo do aluminio volveu sufrir unha grande baixada, pois China, que produce case o 50 % do aluminio do mundo, decidiu inundar os mercados con produto de baixa calidade, pero aínda menor prezo.

Así que a factoría d’A Coruña xa non é rendíbel, pois está obsoleta. Obsoleta a man tenta, poi non foi mellorada. E non o foi xa que, desde hai catro anos, está tomada a decisión de pechala. O mesmo ca de Avilés.

Estas fábricas fornéceas de materia prima a factoría de alumina de San Cibrán, que é da mesma empresa. Élles máis rendíbel concentrar alí toda a produción. De momento están na fase de premer para logo conseguir “axudas”.

O do prezo da electricidade é un factor do que falaremos outro día. Só unha frase que define un xeito de gobernar: “tarifa galega propia? Os españois non o entenderían”, Núñez Feixó, presidente galego.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar