Expourense celebra a fín de semana o Salón do Automóvil

 

Expourense convértese esta fin de semana na capital do Automóbil de Galicia coa celebración da 10º Salón do Automóbil Novo que abriu esta mañá as súas portas presentando unha ampla oferta composta por 300 vehículos de 22 marcas de todas as gamas, modelos e prezos que suponen o 95% das marcas que operan no mercado español. As 16 empresas participantes fan unha forte aposta neste salón ampliando as opcións elección á hora de elixir un coche, xa que a meirande parte deles ofrecen importantes descontos especiais de feira que rondan de media entre un 20 e un 30%. Nesta cita participan como expositores os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. Dende hoxe e ata o domingo celébrase o Salón do Vehículo Novo, e dende o 26 ó 28 de outubro celebrarase o de Ocasión.

Esta 10º Salón do Vehículo Novo foi inaugurado esta mañá coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas; e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, que estiveron acompañados por distintas autoridades e numerosos empresarios de Ourense, unha provincia na que o sector do motor é un dos principais pulos económicos. Un dos obxectivos desta edición será, en palabras do presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, “rexuvenecer o parque automovilístico da provincia facéndoo a un tempo maís seguro e menos contaminante e que se poida achegar aos 10 anos de antigüidade media que teñen os vehículos en España” (en Ourense ronda os 12 anos).

Para conseguir este obxectivo e acadar a cifra de 400 vehículos vendidos, os expositores chegan ata o salón con calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira, ademais de ofrecer un valor engadido á compra como 7 anos de garantía nalgúns casos. A todas estas vantaxes hai que engadir a posibilidade de ganar o bono desconto de 6.000 euros que se sorteará entre todos aqueles que merquen un coche no salón.

Esta cita está a servir para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2019. En total, estanse a presentar 30 modelos novos, algúns deles pudieron verse hoxe en exclusiva por primeira vez en España como o BMW Serie 8 ou o Peugeot 508.

Este salón presenta todo tipo de vehículos de todas as marcas.gamas e modelos cun abano moi variado de prezos que van dende os 9.490 euros dun Skoda Fabia ata os máis de 230.000 euros do Porsche panamera Turbo Sport HD. Tamén se poden atopar modelos “100% feitos en Galicia”, híbridos e eléctricos.

Esta cita conta co apoio de ABANCA, que reafirma un ano máis o seu apoio e que está presente cun stand no salón para informar sobre as distintas liñas de financiamento das que disponen. Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, presentes cun stand informativo, e que recibirán ao rematar estas citas unha cantidade de euros fixa por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

Ademais os organizadores colaboran de novo con “Stop Accidentes” que contan cun stand informativo nestas citas no que explicarán a necesidade de que os vehículos conten cunha “Folla de rescate” que facilite o labor dos servizos de emerxenxia en caso de accidente ou sinistro, xa que é un mapa do vehículo que recolle todas as súas características físicas pero tamén os sistemas de seguridade pasiva e electrónicos. Tamén promocionarán o protocolo “P.A.S.” (Previr, Avisar, Socorrer) para que o público saiba cómo actuar correctamente no caso de atoparse cun accidente de tráfico.

O horario do 10º Salón do Automóbil será mañá sábado de 11.00 a 20.30 h e o domingo de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta). Hai servizo de ludoteca infantil gratuíto.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar