Ourense:Xornada técnica sobre “iluminación saudable”

 

O maior evento de iluminación urbana e técnica de Galicia reúne no centro cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense a 150 participantes, nunha xornada técnica sobre iluminación saudable 4.0 na que técnicos e representantes institucionais e académicos debaten sobre as últimas novidades no sector. Na inauguración participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o director xeral de Enerxía da Xunta, Ángel Bernardo; e o presidente do Comité Español de Iluminación, Fernando Ibáñez.

O evento, organizado polo Comité Español de Iluminación (CEI) e coorganizado pola Deputación de Ourense e o Concello de Ourense, ten como obxectivo abordar os novos retos da iluminación para a confluencia de eficiencia enerxética e tecnoloxía dixital con prestacións luminotecnias saudables, así como, analizar as novas tecnoloxías e a súa revolución na iluminación exterior a través de controis intelixentes e plataformas Smart.

 

A xornada aborda temas, destacou Fernández, “como as axudas para a renovación das instalacións de alumeado municipal, eficiencia enerxética nos contratos do sector público, a seguridade nas instalacións de iluminación exterior, e afonda na resposta tecnolóxica aos ritmos circadianos”, referidos aos cambios físicos, mentais e de conduta que seguen un ciclo diario e que responden á luz e á escuridade no ambiente do organismo.

Asemade, a xornada prestará especial atención á revolución industrial da iluminación, pasando das luminarias tradicionais ás 4.0, nas que preocupa a eficiencia enerxética e a saúde das persoas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar